CRTVG

Buscar

Pol acolle a pretemporada do CD Lugo coas "ilusións renovadas"

Publicado o 08/07/2021 15:40

E comezou a suar o Lugo. En Pol.

Arranque da pretemporada para a formación que dirixe Rubén Albés. Dúas novidades ata o momento. David Mayoral e Ros.

Pol, na comarca de Meira, acaba de estrear as súas instalacións que puxo a disposicion do Lugo. E van ser o centro das operacións pretemporada do cadro lugués.

Primeiras carreiras, pouco balón agás o balón medicinal, carga de traballo. O costume.

"As pretemporadas son para probar e equivocarse moito. Vemos caras alegres, optimistas e con responsabilidade de defender o Lugo", dixo Rubén Albés.

Tino Saqués pensa na mesma liña: "Ilusións renovadas, agardando emocións e non sufrir tanto".

Noticias web

08/07/2021