CRTVG

Buscar

O Catálogo Ilustradas integra nos centros educativos de Artes Plásticas a aprendizaxe coa aposta pola igualdade

Publicado o 08/03/2021 20:07

E hoxe 8 de marzo achegámonos ao IES de Sar para coñecer un proxecto para educar en igualdade dende a creación artística.

Trátase dun concurso de ilustracións que integra a aprendixaze técnica coa posta en valor do legado de mulleres galegas en moitos casos descoñecidas.

Precisamente hoxe 8 de marzo remataba o prazo para a presentación dos máis de 300 debuxos que os e as estudantes de bacharelato de Artes Plásticas presentan para a segunda edición deste Concurso Ilustradas promovido pola Deputación da Coruña.

Este ano máis centrado en mulleres galegas que non tiveron o recoñecemento que merecían, como esta avoa apicultora.

9 centros da provincia participan do proxecto e das súas aulas saíran as 50 mellores obras escollidas para o catálogo e os 6 premios principais. Un proxecto que consegue poñer en valor conxuntamente o gran talento artístico do alumnado o os logros de mulleres galegas ao longo da historia en clave de igualdade.




 

Noticias web

08/03/2021