O Castro British School inicia mañá as clases tras descartar o coronavirus
Publicado o 08/09/2020 14:51
Os tests serolóxicos que deron positivo en 20 casos de profesores do centro fixeron saltar as alarmas, e este colexio con máis de 750 alumnos pospuxo o inicio do curso. Afortunadamente, as probas PCR descartaron a presenza de coronavirus nos 20 docentes e, tras unha desinfección preventiva das instalacións do centro, a dirección xa confirmou que mañá mesmo abrirá as súas portas para os estudantes da ESO e bacharelato, mentres que o xoves comezará as clases o alumnado de infantil e o de primaria.