CRTVG

Buscar

O Carné Xove pode activarse desde hoxe na web de Xuventude

Publicado o 21/06/2021 12:16

Xa se pode activar por vía electrónica o Carné Xove. A Xunta está a enviarlles a tarxeta, de balde, aos seus fogares aos máis de 400.000 mozos entre 12 e 30 anos.

Os que xa tiveran o carné con anterioridade poden utilizar o novo sen máis, pero os que nunca o tiveron teñen que activalo. Pódese facer presencialmente nas oficinas de información xuvenil, en 36 puntos habilitados en toda a comunidade. Pero para facilitar o trámite, desde este mediodía habilitouse na web de Xuventude un formulario que deben cubrir para activar a tarxeta.

Un carné que lles facilita descontos en transportes, cultura, lecer e en máis dun milleiro de establecementos.

Noticias web

21/06/2021