O Carné Xove pasa a ser gratuíto e enviarase tamén de balde a 400.000 fogares
Publicado o 15/12/2020 13:41

Presentouse hoxe a nova imaxe do Carné Xove, que incorpora, ademais, importantes novidades. Pasa a ser completamente de balde e non haberá que solicitalo nin renovalo.
A conselleira de Politica Social, Fabiola García, anunciou que nos proximos dias empezará a enviarse gratuitamente o carné a máis de 400.000 fogares galegos.