O Carballiño pasa a nivel verde no mapa de incidencia da covid-19 en Galicia
Publicado o 16/11/2020 16:20
Entra en nivel verde o concello do Carballiño, pero iso non significa que se relaxen as medidas, polo menos de momento. Seguirán con restricións á mobilidade e continúan tamén prohibidas as xuntanzas dos non conviventes, pechada a hostalería, sen feira e as ocupacións reducidas en bibliotecas, lugares de culto e ximnasios.
As limitacións están a funcionar porque aquí as cifras van moi ben. Levan semanas baixando os contaxios. Hai arestora 31 casos activos, cando este concello chegou a ter 185. Nos últimos sete días con contaxios por debaixo de sete, O Carballiño sitúase agora no nivel verde no mapa de incidencia da covid-19 en Galicia.