CRTVG

Buscar

O 'caníbal de Ventas' matou a nai dúas semanas antes de ser detido

Publicado o 28/02/2019 19:21

O coñecido como 'caníbal de Ventas', asasinou a súa nai dúas semanas antes de que o detiveran o 20 de febreiro. O home matouna e despedazouna e foise desfacendo de varias partes, algunhas incluso as comeu.

Na súa declaración ante a polícia, Alberto Sánchez recoñeceu que algunhas partes da nai as tirou ao lixo e outras conxelounas en friameiras. A autopsia que se lle realizou aos restos da muller, de 66 anos, non revela a data da morte.

O 'caníbal de Ventas' está en prisión comunicada e sen finaza en Soto del Real e está acompañado por un preso de confianza habitual no protocolo carcelario.

 

Noticias web

28/02/2019