CRTVG

Buscar

O 'caníbal das Ventas' di que non recorda matar a nai, pero si que oía voces que lle dicían que o fixese

Publicado o 20/04/2021 13:55
O 'caníbal das Ventas' di que non recorda matar a nai, pero si que oía voces que lle dicían que o fixese

Empeza o xuízo contra o chamado 'caníbal das Ventas', acusado de matar, torar e comer parte do cadáver de sua nai.

Esta mañá, na Audiencia de Provincial de Madrid, Alberto Sánchez declarou que non lembra nada do ocorrido en febreiro de 2019. O mozo, de 28 anos, si recoñeceu que oía voces que lle dicían que matase a nai. O fiscal impútalle un delito de homicidio e outro de profanación de cadáveres e pide para el 15 anos e cinco meses de prisión e unha indemnización de 90.000 euros para o seu irmán.

Segundo o escrito de acusación, tras discutir con súa nai, esganouna. Logo torou o corpo e durante 15 días alimentouse dos restos. Alberto Sánchez era consumidor de alcol e haxix e tivera varios ingresos psiquiátricos. A nai denunciarao máis dunha ducia de veces polos problemas de convivencia. De feito, tiña unha orde de afastamento do seu domicilio, pero ela seguíao deixando entrar para que non durmise na rúa. 

Noticias web

20/04/2021