CRTVG

Buscar

O Cangas asina un comezo de liga soñado no Gatañal

Publicado o 23/10/2021 20:31

No balonmán damos conta dunha nova vitoria do Frigoríficos do Morrazo.

Os cangueses derrotaron ao Benidorm no Gatañal por 33 a 28, nun encontro que sempre tiveron baixo control, e no que fuxiron no marcador á volta do descanso.

Comandounos un estelar Dani Fernández. Aos seus vinte anos, festexou a súa convocatoria coa selección absoluta asinando un partidazo. Meteu oito goles.

Noticias web

23/10/2021