O candidato á presidencia da Xunta Antón Gómez-Reino, en corentena

O candidato á presidencia da Xunta por Galicia en Común-Anova, Antón Gómez-Reino, comunicou este xoves a súa decisión de poñerse en corentena baixo as recomendacións sanitarias e do grupo parlamentaria de Unidas Podemos no Congreso. O aspirante á Xunta pertence ao grupo parlamentario da ministra Irene Montero que deu positivo por coronavirus polo que o político galego optou por poñerse en corentena.
Gómez-Reino viaxou este martes desde A Arxentina a Madrid e posteriormente desprazouse á capital galega. "A pesar de non ter síntomas, póñome ao dispor dos profesionais da sanidade pública. É tempo de calma, de apoiar o exemplar traballo, poñer en valor a conciencia cívica do país", apuntou na súa conta social de Twitter. Ademais, os representantes da coalición están reunidos nestes momentos para decidir se suspenden todos os actos electorais ata a reunión que o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, celebre con líderes de varias formacións políticas de Galicia o vindeiro luns.
Baixo recomendacións sanitarias e do grupo Parlamentario inicio unha cuarentena.
— Antón Gómez-Reino (@AntonGomezReino) March 12, 2020
A pesar de non ter síntomas, póñome a disposición dos profesionais da Sanidade Pública.
É tempo de calma, de apoiar o seu exemplar traballo e por en valor a conciencia cívica do País #Covid_19