CRTVG

Buscar

O candidato á alcaldía de Vigo por Ciudadanos promete conseguir un novo PXOM

Publicado o 24/05/2019 21:07

O candidato de Ciudadanos ao Concello de Vigo pechou esta noite campaña cunha mensaxe clara. Di Javier Alonso que están convencidos de que van a entrar na corporación municipal e alí, dixo, achegarán ideas para o beneficio dos veciños. De feito confía en estar traballando para os vigueses a partir do vindeiro luns. Pretenden que se escoiten máis os barrios e as parroquias. Fixo tamén balance da campaña, unha campaña intensa en que percorreu, dixo, cada recuncho e escoitou representantes de todos os sectores.
 

Noticias web

24/05/2019