CRTVG

Buscar

O campus de Lugo estreará o próximo curso grao novo de robótica

Publicado o 09/04/2019 16:40

O campus de Lugo acollerá desde o vindeiro curso o novo grao de Robótica.
50 alumnos poderán cursar na Escola Politécnica luguesa, unha titulación que en España só se imparte en Madrid e Alacante.

A Universidade de Santiago, dentro do mapa de novas titulacións pactado coas tres universidades galegas, ven de aprobar este límite de prazas para un grao que consta de catro cursos e que ofrece unha formación relacionada coas novas tecnoloxías aplicadas aos nosos sectores máis tradicionais.

Trátase dunha titulación atractiva pola elevada demanda das industrias dun sector como o da robótica que non deixa de medrar. Pode ser ademáis unha oportunidade para o desenvolvemento da robótica agroforestal en Galicia e da súa aplicación a sectores como o agroalimentario ou o forestal.

 

Noticias web

09/04/2019