CRTVG

Buscar

O Campionato Galego de Traiñeiras anticipa un duelo Cabo-Tirán

Publicado o 24/07/2019 16:50

Este xoves celébrase o Campionato Galego de Traiñeiras. Cabo da Cruz é a gran favorita para revalidar o título, pero Tirán, o líder da liga galega, quere pelexar pola vitoria.

Cabo é a vixente campioa, a única embarcación galega que compite na ACT e rema na casa. Cabo da Cruz é, polo tanto, a gran favorita para revalidar o título.

Entre os aspirantes a lograr o Campionato está Tirán, novo líder da liga galega. Os de Moaña apúntanse a dar a sorpresa.

Os novos campións galegos de traiñeiras tanto en categoría masculina coma feminina coñeceranse este.

Noticias web

24/07/2019