CRTVG

Buscar

O cámping lidera a ocupación extrahoteleira en xuño

Publicado o 04/08/2021 23:13

As pernoitas extrahoteleiras triplícaronse en xuño con respecto ao 2020 en Galicia. Semella que cada vez máis viaxeiros escollen durmir fóra do clásico sector hoteleiro, apostando por apartamentos turísticos, cámpings, albergues ou casas de turismo rural. Son datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística.

Os cámpings galegos recibiron máis de 33.000 vaixeiros nese mes, atraídos sobre todo pola posibilidade de gozar ao aire libre e de contornas máis seguras.

Este cámping de Coroso, en Ribeira, é un dos 93 abertos en Galicia, oitenta nas provincias da Coruña e Pontevedra. Notan este aumento da demanda, sobre todo de viaxeiros en ruta coas súas furgonetas e autocaravanas.

O tempo inestable estase a converter no seu maior inimigo, xa que moitos reducen a súas estancias en Galicia, que se sitúan un pouco por riba das tres noites de media.

Noticias web

04/08/2021