O Camiño recibe case a metade dos peregrinos que chegaron en 2019
Publicado o 11/10/2021 12:02

O Camiño recibe case a metade dos peregrinos que chegaron en 2019. No que vai de ano chegaron a Santiago algo máis de 135.000 peregrinos, é dicir, un 40 por cento dos rexistrados nos nove primeiros meses de 2019.
En setembro entregáronse case 38.000 compostelas a visitantes de 200 países. Son datos que indican unha lixeira recuperación. Con todo, o Camiño está aínda lonxe de recuperar as cifras previas á pandemia, cando había máis de 340.000 peregrinos anuais.