CRTVG

Buscar

O Camiño Norte terá un novo albergue no mosteiro de Sobrado

Publicado o 07/04/2021 15:50

O Camiño Norte terá un novo albergue público no mosteiro de Santa María de Sobrado, declarado Ben de Interese Cultural.

O vicepresidente primeiro da Xunta visitou as obras de rehabilitación e acondicionamento do edificio, en que o Goberno galego inviste 737.000 euros.

Alfonso Rueda asegurou que a Xunta leva tempo traballando para ofrecer un Xacobeo seguro, e amosouse convencido de que os peregrinos van acudir ao reclamo deste dobre Ano Santo.

Noticias web

07/04/2021