CRTVG

Buscar

O Camiño de Santiago, reclamo da campaña para recuperar o turismo internacional

Publicado o 12/05/2021 15:13

O Xacobeo é un dos reclamos da campaña coa que España quere volver atraer os turistas internacionais. O Camiño de Santiago protagoniza un dos vídeos promocionais que se van difundir nos próximos tres meses nos principais mercados emisores.

Xunto cos destinos de praia e natureza, a campaña amosa os atractivos da peregrinación a Compostela. A Ministra de Industria presentou o programa, que co lema "Mereces España" quere ofrecerlles confianza e seguridade aos viaxeiros.

O Goberno agarda case 25 millóns de turistas este verán, a metade dos que viñeron en 2019.

Noticias web

12/05/2021