CRTVG

Buscar

O calendario electoral: ata o 18 de abril para pedir o voto por correo

Publicado o 11/04/2019 23:12

A que comeza agora é a primeira campaña electoral que coincide cunha Semana Santa. Vaise prolongar ata as doce da noite do vernes 26 de abril. Ata o 18 aínda hai tempo para solicitar a documentación para votar por correo. O sufraxio debe enviarse como moi tarde o mércores 24.

Como marca a lei, as sondaxes quedan prohibidas desde cinco días antes da votación. O sábado 27 toca xornada de reflexión antes de acudir o 28 ás urnas, un día en que, por certo, tamén os valencianos renovan o seu Parlamento autonómico. Tanto o Congreso coma o Senado resultantes vanse constituír o 21 de maio.

Noticias web

11/04/2019