CRTVG

Buscar

O caldo de sempre, o das avoas, agora en conserva

Publicado o 25/01/2019 21:38

Unha pequeniña conserveira de Bande, recentemente creada, empezará a vender en breve caldo galego. Xa está a envasalo, a receita é a de sempre, a das avoas. É o caldo galego, o da casa, o de toda a vida, agora envasado listo para quentar e consumir.

A pequena conserveira María Tola naceu da man desta muller emprendedora o verán pasado en Bande e ten xa sete orixinais receitas no mercado elaboradas con produtos da Baixa Limia.

En breve o caldo enxebre estará á venda en tendas delicatessen de Galicia e Madrid.




 

Noticias web

25/01/2019