CRTVG

Buscar

O cadáver atopado nunha casa de Moaña é o dun home

Publicado o 11/03/2021 21:09
O cadáver atopado nunha casa de Moaña é o dun home

Segue a investigación sobre outro corpo atopado nunha casa de Moaña. Hoxe soubemos que se trata dun home. En principio, todo segue apuntando a que a súa morte foi por causas naturais.

Fontes da investigación aseguran ademais que levaba bastante tempo no lugar, posiblemente preto de dous anos. E é que o seu cadáver estaba xa esqueletizado. É dicir, que só quedaban del a pel e os ósos.

Noticias web

11/03/2021