CRTVG

Buscar

O Cabido da Palma agradece as axudas e habilita vías para facer doazóns económicas

Publicado o 25/09/2021 12:22
O Cabido da Palma agradece as axudas e habilita vías para facer doazóns económicas

O Cabido da Palma expresou este sábado o seu agradecemento por todas as mostras de solidariedade recibidas pola catástrofe volcánica desde todas as partes do mundo. Ademais, asegurou que o xeito máis eficaz de axudar agora mesmo as persoas damnificadas pola erupción é a doazón económica.

"Unha vez cubertas as necesidades básicas dos afectados, a maneira máis eficaz de axudar son as doazóns económicas, xa que permitirán atender demandas concretas, como a emerxencia
habitacional", indicou o Cabido nun comunicado.

Para iso, a corporación insular habilitou vías de axuda na súa páxina web e nas redes sociais. As doazóns poden realizarse a través da pestana Doazón de Bizum, utilizando o código 03747. Outra opción é a conta ES47 2100 9169 0122 0017 9456 indicando no asunto "Doazón volcán".

No caso das doazóns internacionais débese utilizar o BIC/Código SWIFT: CAIXESBBXXX. As empresas ou profesionais que queiran contribuír prestando servizos ou achegando material de primeira necesidade poden ofrecer a súa axuda escribindo un correo electrónico a volcanlapalma@cablapalma.es.