O bus escolar compartido representa xa o 80% das viaxes nalgunhas comarcas
Publicado o 22/04/2019 15:46
O bus escolar compartido revoluciona o transporte no interior de Galicia. Nalgunhas comarcas representa ata o 80 por cento das viaxes. O rural é o máis beneficiado.
E nun territorio en que o despoboamento afecta boa parte do rural, un servizo como o do transporte compartido revélase moi necesario. De feito, nalgunhas zonas como Riotorto, Carballeda de Valdeorras ou A Mezquita, é o único transporte público dispoñible. Máis frecuencias e máis paradas que axudan nos desprazamentos dos usuarios no seu día día. En Melide, A Limia ou Allariz supoñen entre o 60 e o 80 por cento das viaxes diarias en autobús.
A Xunta prevé que este modelo de transporte siga medrando de xeito progresivo en Galicia. E que pase do dez ao 35 por cento das rutas.