O Burela voltea o partido nos últimos tres minutos e leva o derbi co Ourense Envialia
Publicado o 02/10/2021 18:15
Imos co fútbol sala e do vibrante derbi galego que puidemos ver esta tarde na G2 entre o Pescados Rubén Burela e o Ourense Envialia.
O actual campión tivo que agardar ata o minuto 39 para levar a vitoria. Peque marcou primeiro para o Burela pero o Ourense foi capaz de remontar a pesar de que neste encontro non puido contar con varias xogadoras importantes. María Arias e Laura Uña marcaron para o Envialia no segundo tempo.
O Burela deulle a volta nos últimos tres minutos. Primeiro. Cilene fixo o 2-2 ao transformar un penalti e, a 90 segundos do final, Lara Balseiro logrou o tanto definitivo. Mañá teremos na G2 o outro derbi da xornada. Ás once e media da mañá xogarán o Marín e mailo Poio.