CRTVG

Buscar

O Burela, "sen voz", festexa a Liga no Concello

Publicado o 15/06/2021 12:05

Peque, afónica, botou man do presidente para poder falar

De celebración tamén están en Burela. Non é para menos tras o novo triplete para o Pescados Rubén feminino.

As xogadoras foron recibidas no Concello de Burela para festexar o título de Liga acadado esta fin de semana en Torrexón de Ardoz.

Terceiro trofeo da tempada, despois de gañar a Copa e a Supercopa, e segundo triplete consecutivo. O mellor equipo do mundo non ten teito por agora, un orgullo para todos os afeccionados e veciños de Burela.

Peque protagonou a anécdota dos festexos. Quedou sen apenas voz e botou man do presidente para poder falarlles aos seareiros. 

Noticias web

15/06/2021