CRTVG

Buscar

O Burela Pescados Rubén perde ante o Futsi o primeiro partido da temporada

Publicado o 17/04/2021 20:46

 O Pescados Rubén Burela perdeu o seu primeiro encontro da temporada. A derrota chegou ante o Futsi Navalcarnero na cuarta xornada da segunda fase. O partido foi moi igualado. Na primeira metade o Futsi tirou proveito dunha contra de Ari e Irene Córdoba que acabou co gol desta última no minuto seis. O Burela exercía un dominio infructuoso, con poucas ocasións claras, aínda que Peque estivo a piques de empurrar á red un balón centrado por Ale de Paz pouco antes do tempo de lecer.

Á volta dos vestíarios o conxunto galego seguíu atopando dificultades para crear perigo, pero no minuto nove, a brasileira Cami probou fortuna cun disparo que levou o empate ao marcador. A gardameta visitante Marta Valbuena ben puído facer algo máis. En calquera caso o un a un reflectía o que estaba a suceder no partido, ao tempo que permitía pensar en calquera desenlace no tempo que quedaba. E o Futsi volveu golpear. No minuto 15, Ame Romero desvíou o coiro no interior da área local. Así que o Burela tiña que remar de novo contra corrente. Jane Marques puído empatar pouco despóis. Evitouno, esta vez sí, Marta Valbuena. E a falta de catro segundos, á desesperada, as galegas tiveron o gol da igualada. Peque non atopou portería.

Noticias web

17/04/2021