CRTVG

Buscar

O Burela golea ao Envialia e logra a súa sexta Copa Galicia

Publicado o 15/05/2021 21:37

 PESCADOS RUBÉN BURELA 5 - OURENSE ENVIALIA 1
Enfrontarse ao Pescados Rubén Burela é sempre un reto complicado para calquera rival. E aínda que a un partido todo pode acontecer, o certo é que recibir un gol no primeiro minuto non resulta o mellor inicio.
Iso foi o que lle aconteceu ao Ourense Envialia. Ese gol de Peque xa marcou a final da Copa Galicia.
E tamén o de Bea Mateos pouco antes do descanso.
En calquera caso, partindo dese 2 a 0 a disputa do segundo tempo seguíu estando ao nivel das grandes citas.
A capitá das laranxas, Peque, repetíu para facer o tres a cero.
Fronte ese marcador o Ourense Envialia apostou polo xogo de cinco, pero non conseguíu tirar proveito de el. Pola contra foi castigado con dous goles máis, de Dany e Leti Cortés.
E na recta final as ourensás acadarían o seu único gol do partido. O do 5 a 1 final.
O Pescados Rubén Burela marchou de Narón coa súa sexta Copa Galicia. Segue sumando títulos. As laranxas non perdoan unha final.

JULIO DELGADO. Adestrador do Burela
PEQUE. Burela FS Pescados Rubén


 

Noticias web

15/05/2021