O Burela encadea nove títulos consecutivos e segue facendo historia
O Burela non só gaña, tamén fai historia. O mellor equipo do mundo vén cumprindo todos os seus soños dende o verán de 2019. Encadea nove títulos consecutivos, tras revalidar o de liga e o triplete.
As da Mariña conquistaron a súa cuarta liga grazas a unha segunda parte excepcional, na que remontaron o 2-0 co que o Futsi chegou ao descanso.
Ale de Paz: "Somos conscientes do equipo que temos. Soubemos espelir remando todas a unha".
Ale de Paz foi a gran protagonista da final. A de Neda asinou un hat trick decisivo para que o Pescados Rubén se proclamase campión.
Ale de Paz: "Durante o partido non miras cantos goles levas. Dá igual quen os marque, o importante é o título".
Temporada perfecta das guerreiras laranxas, que esta tarde o celebrarán coa afección.