CRTVG

Buscar

O Burela derrota 5-3 o Betis e sae do descenso directo

Publicado o 14/05/2021 21:51

O Burela Pescados Rubén deu importante paso adiante pola permanencia. Xogou esta tarde contra o Betis un partido que fora adiado pola Covid. Renato, con tres tantos, foi a figura dos da Mariña. O primeiro, un magnífico zurdazo que sorprende ao porteiro andaluz. O segundo, apenas dous minutos despois, xogada do popio Renato tamén pola banda esquerda.

O Betis fíxose forte na estratexia e reaccionou axiña. O seu primeiro gol viu logo dunha excelente execución de Bocao ao bote dunha falta e o empate a dous produciuse xa no segundo tempo con mala sorte para os locais, Javi Rodríguez golpea o balón e nada puido facer o porteiro do Burela por impedir o gol.

A falta de tres minutos para o final Quintela puxo o terceiro para o Burela, o Betis arriscou entón con porteiro xogador e os locais aproveitaron a ocasión. Renato anotou o terceiro na súa conta persoal.  Volveu marcar o Betis, Emilio Buendía facía o 4-3 pero non houbo marxe para a inquedanza, Lucho fixo xusto despois o 5-3 definitivo. Unha vitoria importantísima para sair dos postos de descenso directo.

Noticias web

14/05/2021