CRTVG

Buscar

O Burela, con "fame" de máis títulos tras gañar a Copa da Raíña por cuarta vez

Publicado o 03/05/2021 21:29

O mellor equipo do mundo de fútbol sala feminino non baixa da nube e segue logrando éxitos. Non é para menos a ledicia das xogadoras do Burela Pescados Rubén despois de gañar a súa terceira Copa da Raíña consecutiva. Foi ante o Melilla, ao que derrotaron por 3 goles a 1.

É o cuarto titulo de copa que entra nas vitrinas do club da Mariña, que está facendo historia por méritos propios. Fan honra á designación de mellor equipo do planeta e aínda queda fame para máis trofeos.