CRTVG

Buscar

O buque galego Ramón Margalef avaliará na Palma os efectos da coada no mar

Publicado o 22/09/2021 15:20

Un buque galego vai participar na Palma nas tarefas de avaliación dos danos ocasionados pola erupción. O Ramón Margalef vai ser o primeiro buque en chegar á Palma. Partiu hai poucas horas de Vigo para estudar os efectos no mar da coada volvánica. Queren avaliar os danos que poida causar nos fondos mariños. 

Eugenio Fraile, Investigador do Instituto Español de Oceanografía e participante na expedición, explica que "imos facer unha resconstrución en 3 dimensións na área afectada e grazas a unha reconstrución previa que fixemos no 2018 faremos comparativas e ver diferenzas na xeomorfoloxía do terreo".

Os científicos do Ramón Margalef tamén van estudar se hai ou non focos de emisións baixo a auga que poidan soltar lava ou gases tóxicos.

"Ver se existen cambios significativos, un abombamento, unha greta, unha fisura e faremos estudos da fractura para ver se hai saída de gases", di Fraile.

 O buque ten base en Vigo e xa participou no 2011 nas tarefas de avaliación dos efectos do volcán submarino na illa do Hierro.

Noticias web

22/09/2021