CRTVG

Buscar

O buque Cantabria regresa a Ferrol tras dous meses nunha misión da OTAN no Mediterráneo

Publicado o 11/10/2021 21:37

O buque Cantabria da Armada Española regresou hoxe á súa base de Ferrol despois de dous meses nunha misión da OTAN no Mediterráneo. O amarre durará pouco tempo. En dez días o buque ponse rumbo a Cádiz. 

Despois de case dous duros meses de traballo, a dotación do Cantabria volve á casa cos deberes cumpridos.  O Cantabria é un buque de aprovisionamento en combate que subministra víveres e combustible a outras unidades da frota. Un apoio aos despregamentos da OTAN que non se viron interrompidos durante a pandemia. 

A dotación do Cantabria terá un pequeno descanso de dez días antes de volver ao mar para un novo adestramento no golfo de Cádiz.

Noticias web

11/10/2021