CRTVG

Buscar

O brote da Covid-19 detectado en Basurto causa un morto

Publicado o 10/06/2020 12:48

En Euskadi, o brote que se detectou en Basurto alcanza os 25 positivos confirmados por PCR, cinco máis que onte. Unha das persoas infectadas morreu. Presentaba pluripatoloxías que, segundo o servizo vasco de saúde, eran o suficientemente importantes e determinantes para provocarlle a morte.

Aos 4.500 traballadores dese centro sanitario faránselles probas PCR. O departamento de saude tamén anunciou que se realizarán probas de detección a todos os enfermos ingresados en centros médicos cada cinco días.

Noticias web

10/06/2020