O "brexit" xa é unha realidade que condiciona a todos os cidadáns de Europa
Para viaxar ao Reino Unido por estudos, traballo ou turismo o primeiro é que servirá o DNI ata a fin de setembro deste 2021. Logo será obrigado levar o pasaporte. No caso de ir por lecer o período máximo de estancia é de seis meses, pero se a idea é estudar ou traballar, todo cambia.
No caso de xa estar residindo no Reino Unido, os galegos teñen que cubrir o formulario do Programa de asentamento de cidadáns da Unión Europea. Marta Dominguez, por exemplo, leva desde setembro estudando arquitectura en Aberdeen coa intención de facer alí o seu grao.
Ese trámite, que estará aberto ata xuño deste 2021, xa o cumprimentou María Sabucedo, que leva catro anos traballando en Londres.
No caso de querer entrar a partir de hoxe, o sistema migratorio de puntos avalía a posible estadía dos acabados de chegar. Ter unha oferta de traballo, un mínimo de salario asegurado e un nivel intermedio de inglés co B1 son algúns dos requisitos no caso do traballo. Para os estudantes, as petición do sistema migratorio son similares. Un sistema enfocado a reducir a inmigración non cualificada.