CRTVG

Buscar

O Breogán xogará unha final de ascenso seis anos despois

Publicado o 10/06/2021 15:54

A do Breogán foi unha vitoria emocionante e traballada.

"Despois dunha temporada moi longa merecíamos xogar unha final", dixo Diego Epifanio, o seu adestrador.

Vitoria adicada á marea celeste: "Foron cruciais, temos a mellor afección da competición"

Unha vez máis a afección empurrou ao equipo para deixalo ás portas da ACB. O guión foi similar ao do anterior partido no Pazo. Cun gran inicio en defensa e un Larsen imparable, o Breo logrou distanciarse no marcador ata os doce puntos. Deulle a volta o Alacante no terceiro cuarto. Pero nesta ocasión os lugueses mantiveron o pulso e evitaron outro final de infarto. Triunfo coral: 87-77 Espectacular Larsen con 23 puntos.

"Moitas das batallas que nos plantexaba Alacante hoxe gañámolas, porque tiñamos moito desexo. Iso sumado ao 'Efecto Pazo', foi o determinante do partido", asegurou Epifanio.

Seis anos despois o Breogán volve xogar unha final polo ascenso. Chegou a hora da verdade: "Agora é todo ou nada. Hai que gañar dous partidos".

O obxectivo está máis preto.

Noticias web

10/06/2021