O Breogán xoga fronte ao Palma sen marxe de erro
Publicado o 29/05/2021 13:06
O irregular partido do pasado mércores en Palma de Mallorca leva a serie ata o desempate. O encontro, con prórroga incluída, deixou dúbidas no Río Breogán. Polo rendemento nas últimas semanas, polo estado do nocello de Kevin Larsen, que tivo que forzar para que o seu equipo resultase competitivo. Ou tamén por un crecido Palma. Co estoniano Kristian Kullamae como referente estase a converter un rival temible
Non serán os habituais no Pazo en encontros de semellante transcendencia pero a calor dos seareiros notarase.
Tres das catro eliminatorias de cuartos de final viven hoxe o seu desenlace. O Leyma Coruña, o único que fixo os deberes, agarda aos rivais polo soño do ascenso.