CRTVG

Buscar

O Breogán volve ao camiño das vitorias en Almansa

Publicado o 10/04/2021 22:27

Logo de dúas derrotas seguidas, o Río Breogán volveu sorrir. Gañou na pista do Almansa, con susto, xa que o rival obtivo oito puntos de vantaxe no segundo cuarto e nove no inicio do terceiro. O Breogán foi capaz de remontar e levar o partido con autoridade. A inspiración de Adam Sollazzo e Iván Cruz liderou o conxunto lucense, no que temén realizou bos minutos o mexicano Israel Gutiérrez. O Río Breogán segue de líder co Granada como perseguidor máis inmediato, a unha vitoria.

Noticias web

10/04/2021