CRTVG

Buscar

O Breogán volve á ACB: xesta e ascenso nunha temporada excepcional

Publicado o 21/06/2021 21:20

O Breogán volve á ACB pola porta grande. O ascenso en Granada quedará para o recordo. No partido decisivo dunha eliminatoria igualada e co factor cancha en conbtra os lugueses varreron ó rival na súa pista. A tres minutos pro final gañaban de trinta puntos. Unha proeza despois dunha temporada chea de incertezas, cunha soa praza de ascenso e dezanove candidatos.

Salva Arco, capitán do Breogán: "Demostramos todo o ano que fomos o mellor equipo. E loitamos ata o final para devolver o club onde merece".

O capitán recolleu o trofeo de campión da LEB ouro, pero cedeulle a honra de levantalo aos irmáns Quintela, un xesto cun gran significado.

Sergi Quintela, Rio Breogán: "Era como se o levantase toda a bancada. Nós antes de estar na pista estivemos na bancada. E volveremos cando nos retiremos. Somos a extensión da afección na pista".

O papel da afección, con presenza en Granada, foi determinante nos partidos do Pazo. Lugo segue a respirar baloncesto.

Diego Epifanio, adestrador do Rio Breogán: "Fomos a envexa da liga polo comportamento da afección nos partidos do playoff. Todos os lucenses érguense pensando nas tres siglas".

Diego Epifanio dirixiu un equipo campión, de Liga e de Copa.

Epifanio: "Xogamos dúas finais e gañamos dúas finais. É para valoralo"

Dous anos despois do último descenso, o Breogán volve á máxima categoría do baloncesto español. Acompañará o Obradoiro e Galicia contará con dous equipos na ACB.

Noticias web

21/06/2021