CRTVG

Buscar

O Breogán resolve no Pazo e chega á final do ascenso á ACB

Publicado o 09/06/2021 22:29

O Breogán resolveu no terceiro partido (87-77) diante de Alacante e xogará a final polo ascenso á ACB. Nunha serie moi dura o Breogán foi superior no último partido e conseguiu o triunfo. 

Kevin Larsen saíu moi metido e con 12 puntos puxo cunha ampla vantaxe no primeiro cuarto aos lucenses. Pero Alacante nunca se rendeu e respostou antes do descanso grazas ao acerto de Noah Allen (17 puntos ao descanso). No tempo de lecer o marcador era de 46-41.

O terceiro cuarto mantivo a igualdade pero no derradeiro Breogán estivo moito máis atinado. Larsen viuse apoiado por Kacinas e Quintela e, entre os tres, puxeron outra vez o seu equipo por riba dos dez puntos, diferenza definitiva. 

Noticias web

09/06/2021