CRTVG

Buscar

O Breogán presenta a Rasid Mahalbasic e a camiseta coa que xogará a final da Copa Galicia

Publicado o 26/08/2021 16:17

O Breogán xogará cunha camisola vermella a final da Copa Galicia deste sábado ante o Monbus Obradoiro. Como modelo exerceu Rasid Mahalbasic, una das novas fichaxes. É un pivote de 30 anos, 2,11 de estatura. Un trotamundos do baloncesto europeo. Pasou por Turquía, Croacia, Eslovenia, a República Checa e Rusia. Tamén xogou no Betis na liga Endesa. Mahalbasic xa quenta o partido da Copa Galicia deste sábado. O Obradoiro é o rival que deben superar nesta temporada.

Noticias web

26/08/2021