CRTVG

Buscar

O Breogán perde na prórroga en Palma e poñerá en xogo a eliminatoria no terceiro partido

Publicado o 26/05/2021 22:34

O Río Breogán perdeu en Palma na prórroga e terá que resolver a eliminatoria no terceiro partido da serie que se xogará o vindeiro sábado ás 19:00 horas. 

O primeiro tempo do cadro breoganista foi malo, sempre dominado por un rival que foi ao descanso por riba dos dez puntos. No terceiro cuarto, o Breogán chegou a ir trece abaixo, pero pouco a pouco soubo remontar grazas ao seu dominio asoballador no rebote ofensivo. 

No último cuarto meteuse de cheo no encontro e mesmo Solazzo tivo un último ataque para gañar o partido (73-73). Na prórroga foi superior o conxunto local, que acabou gañando por 88-81. 

Noticias web

26/05/2021