CRTVG

Buscar

O Breogán non pode co Valencia no Pazo dos Deportes (65-77)

Publicado o 20/01/2019 19:36
O Breogán non pode co Valencia no Pazo dos Deportes (65-77)

O Breogán perdeu este domingo no Pazo dos Deportes diante de Valencia Basket, que confirmou a súa presenza na Copa do Rei deste ano grazas á vitoria (65-77).

A pesares do resultado, o conxunto galego comezou máis entoado no encontro grazas a Alec Brown e conseguiu tomar vantaxe no marcador nos primeiros minutos.

Sen embargo, o choque igualouse coa reacción dos valencianos. O conxunto visitante comezou a gañar distancia no segundo cuarto e os de Natxo Lezcano xa non foron capaces de pillalos no marcador.