CRTVG

Buscar

O Breogán machaca a Palma e mantén a primeira posición

Publicado o 02/05/2021 14:37

O Río Breogán gañou con moita claridade a Palma e aguanta como líder do grupo de ascenso a Liga ACB (97-66). O primeiro cuarto foi un espellismo (14-18) co equipo visitante en vantaxe. Cando o Breogán colleu o ritmo en ataque foi un ciclón imposible de para para o seu rival.

Ao descanso xa gañaba por 42-33 e conforme pasaban os minutos foi aumentando a vantaxe, sobre todo nun último cuarto cheo de acerto. Catro xogadores estiveron por riba dos 12 puntos (Solazzo, Arco, Cruz e Aboubacar).