O Breogán gáñalle ao Obradoiro a Copa Galicia de baloncesto (76-82)
Publicado o 28/08/2021 22:30
O Breogán impúxose na Copa Galicia de baloncesto ao Obradoiro (76-82) nunha das primeiras probas dos dous equipos para afrontar a temporada na Liga ACB.
O Obradoiro dominou o primeiro cuarto (20-16), pero ao descanso o partido estaba moi equilibrado (31-31). No segundo tempo o Breogán comezou a decantar o encontro do seu lado no treito final do terceiro cuarto cando colleitou unha pequena vantaxe coa que soubo xogar no último período.
Musa (17 puntos) e Bell-Haynes (12) foron os anotadores máis destacados do cadro breoganista. Polo Obradoiro destacou Birutis, con 15 tantos.