CRTVG

Buscar

O Breogán festexa coa súa afección no Pazo o ascenso á ACB

Publicado o 21/06/2021 20:42

Segue a festa en Lugo, a festa do baloncesto, a celebración do Breogán polo retorno á ACB, unha fazaña conseguida onte en Granada e que os heroes quixeron compartir esta tarde con toda a afección.

Ao pouco de aterrar na Lavacolla, xogadores e cadro técnico desprazáronse ao Pazo dos Deportes. Alí ofreceron o título da LEB Ouro aos 1.500 seareiros que os estiveron animando nos partidos vitais da eliminatoria. O logro tamén é seu. Por fe, por xogo e por unión entre equipo e afeción.

Diego Epifanio voa manteado polso xogadores, consegue o ascenso na súa segunda tempada aos mandos do Breogán.

Noticias web

21/06/2021