CRTVG

Buscar

O Breogán confía no 'efecto Pazo' para chegar á final

Publicado o 08/06/2021 20:30

O Breogán está a un partido de xogar a final polo ascenso á ACB. Mídese co Alacante no Pazo ante 1.500 seareiros. E iso pode marcar as diferenzas: "Son un factor diferencial, coa súa axuda será máis doado tentar afrontar o reto que nos agarda mañá", apunta Diego Epifanio, adestrador breoganista. Mentres que Mo Soulade sinala que "xogarmos aquí, cos nosos afeccionados apertando a morte, complícase a cousa (para os rivais)".

Chega o terceiro encontro logo de que os lugueses caeran en Alacante lastrados polos seus problemas á hora de controlar o rebote e por un terceiro cuarto no que se lles foi o partido. "O terceiro cuarto, non sei, se son sincero coido que o vin 5 veces... Imos ver se somos quen de ser nós mesmos no ataque", di o técnico. "Fixemos un moi mal partido alí e mesmo así perdemos de non moito pero tampouco moi pouco. Entón se facemos un bo partido aquí, facendo o que sabemos facer en defensa, no ataque, como equipo o que fixemos estes partidos podémolo sacar", confía o base británico.

Larsen e Kacinas seguen con molestias, pero ningúen quere perder un partido para o que o Breogán ten clara a receita: "Xogar o noso xogo no noso campo e hai moi poucos equipos que nos poidan gañar aquí"

Noticias web

08/06/2021