CRTVG

Buscar

O Breogán cae en Granada nun mal partido e queda sen marxe de erro para o ascenso

Publicado o 12/06/2021 21:21

 Covirán Granada 67 - Río Breogán 53

O arranque respondeu á tensión dun partido desta trascendencia e desenvolveuse a tiróns. Cun parcial de 9-0 de Granada primeiro e coa resposta galega con outro de 0-12 comandado por Kacinas e Sollazzo. Breogán pechou arriba o primeiro cuarto, 11-15.
No segundo, Granada subiu a intensidade atrás e atascou ao Breogán. Os locais encontraron puntos nos lanzamentos abertos dos seus interiores e nos despistes galegos nos minutos finais. 40-29 pra Granada ao descanso con 10 perdas pros de Lugo.

Á volta buscouno Breogán pero encontrou lastre no rebote e no saber facer Cristian Diaz. Granada mandaba por dez a falta de dez minutos.

E nese cuarto final o Breeogán so encontrou argumento en Gutiérrez. O demais un ronsel de malas decisións que aproveitou Granada pra pechar sen sobresaltos o primeiro capítulo desta final. 67-53 foi o resultado. O vindeiro xoves -no Pazo- agarda o segundo.

Noticias web

12/06/2021