O Breogán cae con dignidade ante o Barcelona no Palau
• Lukovic mantivo os lucenses dentro do partido
EFE/ Quique García
Mirotic, 22 puntos e 32 de valoración, e o Barcelona resultaron demasiado para o Río Breogán.
No Palau Blaugrana, a súa pista maldita, encaixaron a primeira derrota da temporada pero deixaron moi boas sensacións.
Sempre estiveron por debaixo no marcador, pero sempre a unha distancia asumible. Remataron o primeiro cuarto oito abaixo, impuxéronse nos dous seguintes e comezaron o cuarto a seis puntos dos culés.
Ante a seca anotadora de Musa e Bell-Haynes foi Lukovic o que mantivo o Río Breogán no encontro nos primeiros intres.
Musa empezou a aparecer cara ao final do terceiro cuarto. Levaba 3 puntos, rematou con 14, o máximo anotador dos galegos. Unha canastra súa colocou o Río Breogán a un punto ao comezo dese derradeiro período pero aí volveu apertar o Barça e sentenciou o encontro cun parcial 18-10.
Primeira derrota da temporada pero o primeiro maratón de tres partidos nunha semana remata con dúas vitorias e só un partido perdido.