CRTVG

Buscar

O Breogán cae 76-84 ante o Joventut na semifinal do torneo Encestarrías

Publicado o 10/09/2021 21:32

A unha semana do inicio da Liga ACB, última proba de pretemporada para Monbus Obradoiro e Rio Breogán.Torneo EncestaRías en Vilagarcía de Arousa. Sexta edicion.  Duascentas persoas nas bancadas do pavillón de Fontecarmoa. Na primeira semifinal o Rio Breogán perdeu fronte ao Joventut. A Penya foi sempre por diante no marcador con ventaxas en torno aos 15 puntos pero no último cuarto o equipo de Paco Olmos foi quen de se achegar a 3. Unha última reacción dos verdinegros cun Brodzianski estelar deixou o tentador no 76-84 final e deixa ao Joventut na final do domingo. O Breogán xogará contra o que perda do partido entre o Monbus Obradoiro e o Unicaja que se está disputando agora.

Noticias web

10/09/2021