CRTVG

Buscar

O Breogán asombra no regreso á ACB e esnaquiza o Betis cun 97-65

Publicado o 03/10/2021 15:30

No baloncesto, xornada inmellorable para os equipos galegos da Liga ACB, que gañaron na volta masiva das súas afeccións. Hoxe foi a do Breogán a que volveu ao Pazo para axudar os lugueses, que acadaron a segunda vitoria máis ampla da historia na ACB. Foi un triunfo por 97 a 65 ante o Betis, cun marcador que rachou definitivamente no terceiro cuarto cun parcial de 35-16, e cun Musa en plan estelar. O equipo de Paco Olmos funciona como un reloxo e xa acumula tres triunfos nas catro primeiras xornadas. 

Noticias web

03/10/2021