CRTVG

Buscar

O Brasil xa é o terceiro país con máis casos de coronavirus

Publicado o 20/05/2020 09:05

O Brasil, o terceiro país con máis casos de COVID-19 no mundo, superou este martes por vez primeira os mil mortos diarios. A cifra total de vítimas achégase aos 18.000 desde o inicio da pandemia.
Segundo o último reconto oficial, o país suramericano suma máis de 271.000 contaxiados, unha cifra que só superan os Estados Unidos e Rusia.
Os estados de São Paulo e Río de Xaneiro, dous dos máis poboados, rexistran marca diaria de falecidos, con 324 e 227, respectivamente.

Noticias web

20/05/2020